Páginas

miércoles, 20 de marzo de 2013

Alerta por rachas de Vento

A Axencia Estatal de Meteoroloxía Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, durante o día 21 de marzo de 2013, por fortes rachas de VENTO que afectarán a toda a provincia da Coruña.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou o seguinte:
A SUSPENSIÓN das actividades no exterior das instalacións do centro escolar situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica do Noroeste, Oeste e Suroeste e interior da provincia da Coruña, que abrangue a totalidade dos concellos da Coruña, con seguimento das condicións climáticas.
Diante da eventual extensión do adverso, prégase que os centros situados na proximidade da costa da provincia de Pontevedra, realicen un seguimento das condicións climáticas.
Solicítase que permanezan atentos á información subministrada a través da páxina web do CAE112 (www.axega112.org) e se extreme a vixilancia por se as condicións meteorolóxicas da localidade de onde se sitúe o centro puideran supoñer un risco superior ao declarado inicialmente.


Para máis información:  http://www.edu.xunta.es/web/node/8829

miércoles, 6 de marzo de 2013

Charla coa Garda Civil sobre os Riscos de Internet

O Martes 5 de Marzo, @s alumn@s de 3º Ciclo presenciaron unha charla sobre os riscos de Internet realizada pola Garda Civil.Aquí temos imaxes sobre este evento:







Tamén temos unha entrada anterior que nos fala sobre esto mesmo, clica aquí abaixo:

http://ceipsigueiro.blogspot.com.es/2012/12/navega-con-rumbo.html

viernes, 1 de marzo de 2013

Matrícula curso 2013/2014


Para o vindeiro curso escolar 2013/14 o CEIP de Sigüeiro oferta 75 prazas para Educación Infantil de 3 anos (4º de Educación Infantil).

Poden consultar toda a lexislación de matricula en :



Prazos de Matrícula

Primeira. Calendario do procedemento de admisión e matrícula para o curso escolar 2013/2014


1. Reserva de praza no centro de adscrición: 18 - 22 de marzo. 

2. Publicación de postos escolares vacantes: 4 de abril. 

 3. Presentación da solicitude de admisión: 5 - 17 de abril. 

 4. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20 - 30 de xuño.

lunes, 4 de febrero de 2013

O Entroido

Chega a fermosa etapa do Entroido, aquí pretenderemos amosarvos as tradicións e atuendos propios do noso entorno. Para elo, podedes ver o seguinte video realizado polo orientador do centro, Manuel:


video


Como contraste, arredor do mundo tamén se celebra o Entroido con moito entusiasmo, un dos lugares máis destacados é Venecia. Que diferencias observades coas nosas vestimentas??